Inserción de tarxetas microSD
Utilice unicamente o Tarxetas microSD compatible autorizado por Nokia para utilizar co
dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as tarxetas de
memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente compatibles con este
dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta e no
dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O teléfono admite tarxetas microSD cunha capacidade de ata 2 GB.
É posible que se forneza unha tarxeta de memoria compatible co dispositivo, e pode
que xa se atope inserida neste. De non ser así, leve a cabo o seguinte:
1 Abra a tapa da rañura para tarxetas de memoria.
Primeiros pasos
5
2 Insira a tarxeta na rañura coa superficie de contacto orientada cara a arriba e
prémaa ata que encaixe
3 Peche a tapa da rañura para tarxetas de memoria.