Nokia 2730 classic - Mapas e GPS

background image

Mapas e GPS

O dispositivo non dispón de antena GPS interna. Para empregar aplicacións que requiren

dunha conexión GPS, use un receptor GPS externo compatible (accesorio dispoñible á

venta por separado). Emparelle o receptor GPS co dispositivo mediante a tecnoloxía sen

fíos Bluetooth. Se desexa obter máis información, consulte a guía do usuario do receptor

GPS.
Pode usar o GPS (Sistema de Posicionamento Global) para admitir a aplicación Mapas.

Atopar a súa localización ou medir distancias e coordenadas de terreo.

Mapas 29

background image

Despois de emparellar o dispositivo cun receptor GPS externo, é posible que o dispositivo

tarde varios minutos en amosar a posición actual.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados

Unidos, que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A precisión

dos datos de localización pode verse afectada polos axustes nos satélites GPS efectuados

polo goberno dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións procedentes da política

de GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de radionavegación

federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión tamén pode verse afectada pola

xeometría de baixo nivel do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden

verse afectadas pola súa localización, os edificios e os obstáculos naturais ademais de

polas condicións meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean dispoñibles no

interior dos edificios ou en pasos subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible

a través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha localización precisa e vostede

non debe depender só dos datos de localización procedentes do receptor GPS nin das

redes de radio móbil para determinar posicións nin para a navegación.