
Mapas
Pode ver mapas de diferentes cidades e países, buscar enderezos e puntos de interese,
planificar rutas desde un punto a outro, gardar localizacións como marcadores e enviar
isto a dispositivos compatibles.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta ata certo punto. Nunca
confíe só na cartografía descargada para utilizarse neste dispositivo.
Nota: A descarga de contidos como mapas, imaxes satélite, ficheiros de voz, guías ou
información de tráfico pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos
(servizo de rede).
28 Mapas

Os contidos como imaxes satélite, guías, información meteorolóxica e do tráfico e
servizos relacionados é xerado por terceiros que son independentes de Nokia. O contido
pode ser inexacto e incompleto ata certo punto e está suxeito á dispoñibilidade. Nunca
confíe unicamente no contido e nos servizos relacionados antes mencionados.
Para usar a aplicación Mapas, seleccione Menú > Mapas e unha das opcións que se
atopan dispoñibles.