![background image](https://i.helpdoc.net/Nokia 2730 classic/gl/Nokia 2730 classic_gl012.png)
Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu produto, ou se non está seguro do
funcionamento do seu teléfono, consulte a guía do usuario, as páxinas de axuda en
www.nokia.com/support ou o sitio web de Nokia para o seu país. Se prefire facelo dende
o teléfono móbil, visitewww.nokia.mobi/support.
Se así non se resolve o seu problema, tente o seguinte:
•
Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería. Pasado un minuto, volva
a colocar a batería e acenda o teléfono.
•
Coa aplicación Nokia Software Updater, actualice regularmente o software do
teléfono para obter un rendemento óptimo e posibles novas funcións. Consulte
www.nokia.com/softwareupdate ou o sitio web de Nokia para o seu país. Antes de
actualizar o software, lembre facer unha copia de seguridade dos datos do teléfono.
•
Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo indicado na guía de usuario.
Se continúa sen resolver o problema, póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de reparación. Consulte www.nokia.com/repair.
Antes de enviar a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade dos datos
do teléfono.