Actualizacións de software mediante o ordenador
As actualizacións de software poden incluír funcións novas e melloradas que non
estaban dispoñibles cando mercou o dispositivo. A actualización de software pode
tamén mellorar o rendemento do dispositivo.
Nokia Software Updater é unha aplicación para PC que lle permite actualizar o software
do seu dispositivo. Para poder actualizar o software do seu dispositivo, necesita un
ordenador compatible, acceso a internet de banda ancha e un cable USB compatible
para conectar o dispositivo ao ordenador.
Para obter máis información, comprobe os comunicados de prensa sobre as últimas
versións de software; para descargar a aplicación Nokia Software Updater, visite
www.nokia.com/softwareupdate ou a web local de Nokia.
Para actualizar o software do dispositivo, leve a cabo o seguinte:
1 Descargue e instale a aplicación Nokia Software Updater no seu ordenador.
2 Conecte o seu dispositivo ao ordenador mediante un cable USB e abra a aplicación
Nokia Software Updater. A aplicación Nokia Software Updater informaralle de como
facer copias de seguridade dos seus ficheiros, actualizar o software e restaurar os
seus ficheiros.
Información xeral 11