Nokia 2730 classic - Información de certificación (SAR)

background image

Información de certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de

exposición ás ondas de radio.

O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está

deseñado para non superar os límites de exposición ás ondas

de radiofrecuencia recomendadas polas directrices

internacionais. O organismo científico independente ICNIRP

desenvolveu estas directrices, que inclúen marxes de

seguridade deseñadas para garantir a protección de todas as

persoas, independentemente da idade e da saúde.

As directrices de exposición para os dispositivos móbiles

empregan unha unidade de medición coñecida como o Índice

de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR exposto nas

directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en

aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR

lévanse a cabo utilizando posicións de funcionamento

estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía

máis alto en todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel

de SAR real dun dispositivo en funcionamento pode estar por

debaixo do valor máximo debido a que o dispositivo está

deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse

coa rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número

de factores, como a que distancia se atopa dunha estación

base de rede.

O valor de SAR máis alto admitido segundo as directrices de

ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de 1,02

Watt/kg.

O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a aparición

de diferentes valores de SAR. Os valores de SAR poden variar

dependendo das necesidades de información e probas

nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información

de SAR adicional, consulte a sección de información do

produto da páxina web www.nokia.com.

36 Información adicional de seguridade