Nokia 2730 classic - Correo electrónico

background image

Correo electrónico

Acceda á conta de correo electrónico POP3 ou IMAP4 co seu dispositivo de lectura,

escritura e envío de correo electrónico. Empregar a aplicación de correo electrónico para

enviar correo electrónico non é o mesmo que enviar correos electrónicos como

mensaxes de texto.
Para poder empregar o correo electrónico, asegúrese de dispoñer dos axustes correctos.

É posible rexistrarse para obter nunha conta de correo electrónico nova ou empregar

unha conta existente, se o seu fornecedor de correo electrónico permite o acceso ao

correo electrónico desde o teléfono móbil. É posible obter os axustes correspondentes

de Nokia. Siga as instrucións amosadas ou seleccione o fornecedor de correo electrónico

manualmente. Para comprobar a dispoñibilidade e os axustes da súa conta de correo

electrónico, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de correo electrónico. É

posible recibir os parámetros de configuración de correo electrónico como unha

mensaxe de configuración.
Acceso á aplicación de correo electrónico

Seleccione

Menú

>

Mensaxes

e

Correo-e

ou unha conta de correo electrónico

existente.

Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que conteñan

software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.