Tecnoloxía sen fíos Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permítelle conectar o seu teléfono mediante ondas de radio a
un teléfono compatible con Bluetooth nunha distancia de 10 metros.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0 + EDR que admite os
seguintes perfís: acceso xenérico, mans libres, auricular, transferencia de obxectos,
transferencia de ficheiros, redes de marcación telefónica, porto de serie, acceso á SIM,
intercambio de obxectos xenérico, distribución avanzada de son, control remoto de son
e vídeo e distribución xenérica de son e vídeo . Para asegurar a interoperabilidade con
outros dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.
Configurar unha conexión Bluetooth
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
e siga os seguintes pasos:
1 Seleccione
Nome do meu tlf.
e escriba un nome para o seu teléfono.
2 Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
.
indica que o Bluetooth está activo.
3 Para conectar o seu teléfono cun accesorio de audio, seleccione
Buscar acces.
audio
e o dispositivo que desexa conectar.
4 Para vincular o seu teléfono con calquera dispositivo Bluetooth próximo, seleccione
Disposit. vinculados
>
Engadir novo disp.
.
Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione
Engadir
.
Escriba o contrasinal (ata 16 caracteres) no seu teléfono e active a conexión noutro
dispositivo Bluetooth.
Se ten dúbidas sobre a seguridade, desactive a función Bluetooth ou configure
Visibilid.
do meu tlf.
como
Oculto
. Acepte comunicacións Bluetooth só daqueles nos que vostede
confía.
Conexión PC a internet
Use a tecnoloxía Bluetooth para conectar o seu PC compatible a internet sen o software
PC Suite. O seu teléfono debe ter activado un provedor de servizos que admita acceso a
internet e o seu PC ten que admitir rede de área persoal (PAN). Despois da conexión ao
servizo de punto de acceso da rede (NAP) do teléfono e sincronizar co seu PC, o teléfono
abre unha conexión de paquete de datos a internet de forma automática.
20 Configuración